Page 66 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 66
DIRECCIÓN CENTROS DOCENTES PÚBLICOS
LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN
Proxecto de decreto polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento das direccións
dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006,
do 3 de maio, de educación.
Para ser candidato ou candidata á dirección dun centro docente público, é necesario
ser persoal funcionario de carreira na función pública docente?
Si. Non pode presentarse o persoal docente interino. Artigo 133.2 da LOE.
O nomeamento da dirección dos centros integrados de formación profesional reali-
zarase por concurso de méritos?
Non. Realizarase por libre designación.
Para ser candidato ou candidata á dirección é necesario ter unha antigüidade de polo
menos cinco anos como persoal funcionario de carreira na función pública docente?
Non. En aplicación da Directiva europea 1999/70/CE, o proxecto de decreto esta-
blece como un dos requisitos: “Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como
persoal funcionario na función pública docente nun dos corpos aos que se fai refe-
rencia na letra anterior”.
Pode ser candidato ou candidata á dirección o persoal docente funcionario de carreira
pertencente ao corpo a extinguir de profesores técnicos de formación profesional?
Si. Así o recolle expresamente o proxecto de decreto no artigo 4.1.a)
Para ser candidato ou candidata á dirección, é necesarioque se exercesen funcións
docentes como persoal funcionario de carreira, durante un período de polo menos
cinco anos, nalgunha das ensinanzas que ofrece o centro ao que se opta?
É necesario que se exercesen funcións docentes como persoal funcionario durante un
período de polo menos cinco anos nalgunha das ensinanzas que ofrece o centro ao
que se opta, pero non necesariamente como persoal funcionario de carreira. Tamén
se computan os servizos prestados como persoal funcionario interino, en aplicación
da Directiva europea 1999/70/CE.
64