Page 70 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 70

Cando se produce un nomeamento, con carácter extraordinario, da dirección dun
          centro docente público?
               • En ausencia de candidaturas á dirección.
               • Nos centros de nova creación.
               • Cando a comisión de selección non seleccione a ningunha persoa candidata.


          No nomeamento da dirección con carácter extraordinario é preceptivo oír o claustro
          doprofesorado?
               Non. E preceptivo oír o consello escolar.



          Cando se produce un nomeamento, con carácter accidental, da dirección dun centro
          docente público?
               Cando se produza o cesamento da dirección durante o curso escolar. Este nomea-
               mento accidental será ata o 30 de xuño.


          Unha vez rematado o máximo de tres mandatos de 4 anos exercendo a dirección, é
          posible continuar sendo director ou directora no mesmo centro?
               Si, pero é necesario presentarse novamente ao concurso de méritos e resultar selec-
               cionado ou seleccionada.


          O consello escolar do centro pode promover o cesamento da dirección?
               Si, pode realizar unha proposta motivada, pero limitada ao seguinte motivo: incumpri-
               mento grave das funcións inherentes ao cargo da dirección. Así se recolle no artigo
               138.d) da LOE.


          O persoal docente avaliado negativamente no exercicio da dirección poderá presentar
          solicitude para participar no concurso de méritos para acceder á dirección?

               Si, pero non poderá facelo durante un período de tres anos.


          De acordo coa disposición adicional cadraxésimo cuarta da LOE, considéranse equi-
          valentes á certificación acreditativa de superar o programa de formación sobre o
          desenvolvemento da función directiva?
               As habilitacións e acreditacións de directores e directoras de centros públicos expe-
               didos con anterioridade á entrada en vigor da lei.
               Esta disposición adicional foi engadida pola Lei 3/2020, do 29 de decembro (LOMLOE).


                                          68
   65   66   67   68   69   70   71   72   73   74   75