Page 67 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 67

Para ser candidato ou candidata á dirección, é preciso posuír a certificación acredi-
          tativa de que se superase un curso de formación sobre competencias para o desen-
          volvemento da función directiva?
               Si. O artigo 134.1.c) da LOE establece que as administracións educativas poderán
               considerar como requisito que se superase un programa de formación sobre compe-
               tencias para o desempeño da función directiva.
               O proxecto de decreto polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento das
               direccións dos centros docentes públicos recolle esta formación como un requisito
               para presentarse á dirección.



          Pode un profesor ou profesora que non teña destino definitivo participar no concurso
          de méritos de acceso á dirección?
               Si. En ningún momento se esixe como requisito ter destino definitivo para poder
               participar no concurso de méritos. Obviamente, haberá que reunir os requisitos que
               se establecen na convocatoria.


          Pode unha persoa funcionaria de carreira dun corpo docente dependente dunha
          comunidade autónoma que non sexa Galicia, presentarse ao concurso de méritos
          da dirección?
               Non. O artigo 4.1.d) do proxecto de decreto establece como un dos requisitos para
               presentarse á dirección: “Estar prestando servizos nun centro educativo dependente
               da consellería competente en materia de educación da Xunta de Galicia e depender
               organicamente desta”.


          Pode presentarse á dirección unha persoa funcionaria de carreira dun corpo docente
          que dependa doutra comunidade autónoma e preste servizos en comisión de servizos
          na Comunidade Autónoma de Galicia?

               Non. Como se pon de manifesto na resposta anterior, é preciso depender organica-
               mente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.


          Pode presentarse á dirección unha persoa funcionaria de carreira dun corpo docente
          que estea en situación de servizos especiais ou de excedencia por coidado de fami-
          liares ou en excedencia voluntaria?

               Si. Dentro dos requisitos para ser candidato ou candidata á dirección non se encontra
               o ter que estar na situación de servizo activo.
               Será necesario estar nunha destas situacións por resolución da consellería compe-
               tente en materia de educación da Xunta de Galicia e reunir os restantes requisitos.
               O persoal en situación de excedencia voluntaria deberá reunir, o 1 de xullo do ano
               correspondente, os requisitos para reingresar ao servizo activo.


                                          65
   62   63   64   65   66   67   68   69   70   71   72