Page 69 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 69
O persoal candidato á dirección que resulte seleccionado para exercer o cargo nun
centro distinto daquel no que teña destino definitivo perde o seu destino definitivo?
Non. Estarán en comisión de servizos no centro no que exercen a dirección.
Os directores e directoras dun centro docente público poden participar no concurso
de traslados e acadar un novo destino sen que implique o cesamento no cargo?
Si. Débese ter en conta que non é necesario ter destino definitivo no centro para
ser candidato ou candidata á dirección. En consecuencia, se se participa e obtén
destino no concurso de traslados, unicamente se modifica o centro desde o que se
está en comisión de servizos, agás que a persoa interesada solicite voluntariamente
o cesamento.
As persoas candidatas á dirección poderán formar parte da comisión de selección?
Non.
O persoal docente do centro educativo poderá formar parte da comisión de selección
como representante do consello escolar?
Non. O artigo 135.3 da LOE establece que polo menos un terzo dos membros da
comisión será elixido por e entre as persoas membros do consello escolar que non
son persoal docente.
Un alumno ou alumna poderá formar parte da comisión de selección como represen-
tante do consello escolar?
Si, pero o proxecto de decreto establece que a representación do consello escolar
na comisión de selección non poderá recaer en alumnado que estea matriculado nun
curso inferior a terceiro de educación secundaria obrigatoria.
Para a selección do director ou directora, terán preferencia as candidaturas do pro-
fesorado do centro?
Si. O artigo 135.5 da LOE establece que a selección se realizará valorando especial-
mente as candidaturas do profesorado do centro.
O proxecto de decreto establece que a selección se realizará considerando primeiro
as candidaturas do profesorado do centro, que terán preferencia. En ausencia de
candidaturas do centro ou cando estas non fosen seleccionadas, a comisión valorará
as candidaturas do profesorado doutros centros.
67