Page 74 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 74
EQUIPO DIRECTIVO DOS CENTROS DOCENTES PÚBLICOS
A quen lle corresponde realizar a proposta de nomeamento e cesamento dos mem-
bros do equipo directivo?
Ao director ou directora do centro, de acordo co establecido no artigo 131.4 da LOE.
A dirección do centro, ten que escoitar o claustro de profesores e o consello escolar
con carácter previo a formular a proposta de nomeamento?
Non. Ten que comunicarllo previamente. O artigo 131.4 da LOE establece que “o
director ou directora, logo da comunicación ao claustro de profesores e ao consello
escolar, formulará unha proposta de nomeamento e cesamento á Administración edu-
cativa dos cargos de xefe de estudos e secretario de entre o profesorado con destino
en devandito centro”.
O cesamento da dirección do centro educativo implica o cesamento do resto do
equipo directivo?
Si. O artigo 131.5 da LOE establece que “todos os membros do equipo directivo cesa-
rán nas súas funcións ao remate do seu mandato ou cando se produza o cesamento
do director ou directora”.
ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL
LEI 20/2021, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS URXENTES PARA A REDUCIÓN
DA TEMPORALIDADE NO EMPREGO PÚBLICO.
REAL DECRETO 270/2022, DO 12 DE ABRIL, POLO QUE SE MODIFICA
O REGULAMENTO DE INGRESO, ACCESOS E ADQUISICIÓN DE NOVAS
ESPECIALIDADES NOS CORPOS DOCENTES A QUE SE REFIRE A LEI ORGÁNICA
2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN, E REGÚLASE O RÉXIME TRANSITORIO
DE INGRESO A QUE SE REFIRE A DISPOSICIÓN TRANSITORIA DÉCIMO SÉTIMA
DA CITADA LEI, APROBADO POR REAL DECRETO 276/2007, DO 23 DE FEBREIRO
O artigo 2.1 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, establece unha taxa adicional para
a estabilización de emprego temporal que incluirá as prazas:
– de natureza estrutural
– que estean dotadas orzamentariamente
– e ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos nos tres anos
anteriores ao 31 de decembro de 2020.
72