Page 78 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 78

Convocaranse prazas de estabilización de emprego temporal no extinguido corpo de
          profesores técnicos de formación profesional?
               Non. As prazas que corresponda convocar polo persoal interino do corpo de profeso-
               res técnicos de formación profesional efectuarase, segundo corresponda, no corpo de
               profesores de ensino secundario ou no corpo de profesores especialistas de sectores
               singulares da formación profesional.


          No concurso de méritos que se vai desenvolver nos procesos de estabilización de
          emprego temporal, ofertáranse prazas de promoción interna?

               Non. De conformidade co establecido no número 1 do artigo 80 da Lei 2/2015, do 29
               de abril, do emprego público de Galicia, segundo a redacción dada pola Lei 18/2021,
               do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, no concurso de méritos
               previsto na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medi-
               das urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, non se ofertarán
               prazas de promoción interna.


          Nos procesos selectivos de estabilización de emprego temporal, ofertáranse prazas
          de reserva para persoas con discapacidade?

               Si. O artigo 7 do Decreto 80/2022, do 25 de maio, establece que do total de prazas
               ofertadas neste decreto para ingreso nos corpos docentes se reservará unha cota
               do 7 % do conxunto delas para ser cubertas por persoas cun grao de discapacidade
               igual ou superior ao 33 %.


          Elaborarase unha lista para realizar interinidades ou substitucións co persoal que
          participe no concurso de méritos?
               Non.


          E co persoal que participe no concurso-oposición de estabilización de emprego temporal?
               Tampouco.


          De conformidade co Real decreto 270/2022, do 12 de abril, o baremo do concurso de
          méritos estruturarase en tres bloques. Cada bloque terá un máximo de puntuación?
               Si. Coa seguinte distribución:
               • Experiencia docente previa: máximo sete puntos.
               • Formación académica: máximo tres puntos.
               • Outros méritos: máximo cinco puntos.





                                          76
   73   74   75   76   77   78   79   80   81   82   83