Page 76 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 76

De que contía será a compensación económica para o persoal funcionario interino?

               Vinte días de retribucións fixas por ano de servizo, rateándose por meses os períodos
               de tempo inferiores a un ano, ata un máximo de doce mensualidades.


          A non participación do persoal funcionario interino no proceso selectivo de estabili-
          zación implicará a perda do dereito á compensación económica?
               Si.


          A Lei 20/2021 permite que se adopten medidas de axilización dos procesos selectivos?
               Si. A disposición adicional cuarta establece que as administracións públicas deberán
               asegurar o cumprimento do prazo establecido para a execución dos procesos selec-
               tivos mediante a adopción das medidas apropiadas para o desenvolvemento áxil dos
               procesos selectivos, tales como a redución de prazos, a dixitalización dos procesos
               ou a acumulación de probas nun mesmo exercicio, entre outras.


          A Lei 20/2021, do 28 de decembro, prevé unha convocatoria excepcional de estabili-
          zación de emprego temporal de longa duración?

               Si, nas disposicións adicionais sexta e oitava.
               A convocatoria realizarase unha soa vez polo sistema de concurso.


          No ámbito da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universida-
          des, que condicións deben cumprir as prazas que se ofertarán a concurso de méritos
          en aplicación da disposición adicional sexta?

               1.  Que a praza estea ocupada na data do 30.09.2021 por persoal interino a xornada
                 completa.
               2.  Que a praza estivese ocupada ininterrompidamente por persoal interino con ante-
                 rioridade ao 01.01.2018, aínda que non ten que ser a mesma persoa interina.
               3.  Que a praza sexa estrutural.
               4.  A praza ten que ser estrutural todos os anos.


          No ámbito da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universida-
          des, que condicións deben cumprir as prazas que se ofertarán a concurso de méritos
          en aplicación da disposición adicional oitava?
               1. Que sexan prazas ocupadas actualmente por persoal interino a xornada completa.
               2.  Que a persoa interina que a desempeña veña prestando servizos en calquera praza
                 ininterrompidamente con anterioridade ao 01.01.2016.
               3.  Que a praza sexa estrutural.
               4.  Que a praza non estea incorporada ao concurso de méritos pola disposición adi-
                 cional sexta.

                                          74
   71   72   73   74   75   76   77   78   79   80   81