Page 80 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 80

Unha persoa pode ter puntuación no concurso de méritos no apartado 1.1, por ser-
          vizos prestados no corpo e na especialidade á que se opta, e no apartado 1.2, por
          servizos prestados no corpo e noutra especialidade á que se opta?

               Si. Sempre sen superar o máximo de dez anos de experiencia docente previa que
               poden terse en consideración.


          Que se baremará no bloque doutros méritos?
               A superación da fase de oposición na mesma especialidade do corpo ao que se opta
               e a formación permanente.


          Unha persoa que superase a primeira proba da fase de oposición terá puntuación no
          apartado doutros méritos?

               Non. É necesario superar a fase de oposición, é dicir, as dúas probas do proceso
               selectivo.


          Se superei a fase de oposición nunha especialidade do corpo ao que opto, pero nunha
          especialidade distinta daquela á que pretendo acceder, terei puntuación no apartado
          doutros méritos?
               Non. De conformidade co Real decreto 276/2007, valorarase con 2,5 puntos a supe-
               ración da fase de oposición na mesma especialidade do corpo á que se opta.



          Que puntuación se outorga por superar a fase de oposición no mesmo corpo e espe-
          cialidade á que se opta?

               2,5 puntos pola superación do procedemento selectivo, ata un máximo de dous pro-
               cedementos, nas convocatorias celebradas desde o 2012, incluído.


          Unha persoa que queira participar no concurso de méritos na Comunidade Autónoma
          de Galicia e noutras comunidadesautónomas terá que realizar dúas solicitudes?
               Si. Cando menos terá que realizar dúas solicitudes. A propia da Comunidade Autó-
               noma de Galicia e, como mínimo, outra en función do que establezan as convocatorias
               das restantes comunidades autónomas.


          O concurso de méritos de estabilización de emprego temporal terá unha fase de
          prácticas?
               Non.


                                          78
   75   76   77   78   79   80   81   82   83   84   85