Page 79 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 79

As administracións educativas poderán incluír no baremo do concurso de méritos
          cuestións non incorporadas no Real decreto 270/2022?
               Non. A disposición transitoria quinta do Real decreto 276/2007, incorporada polo
               Real decreto 270/2022, non deixa marxe para que as administracións educativas
               incorporen cuestións non recollidas no propio real decreto. O punto 2 desta dispo-
               sición transitoria quinta establece: que “...o concurso excepcional de estabilización
               so constará da valoración dos méritos a que se refire esta disposición transitoria”.


          No Real decreto 270/2002 establécese que para o baremo da experiencia docente
          previa se terá en conta un máximo de dez anos. Supón isto que só se computarán
          os servizos prestados nos dez últimos anos contados desde a convocatoria do con-
          curso?

               Non. Poderán computarse os servizos prestados por cada persoa durante toda a súa
               carreira profesional, pero non poderán valorarse máis de dez anos de servizos.


          Valoraranse unicamente os servizos prestados como persoal interino?
               Non. Valoraranse tamén os servizos prestados como persoal funcionario de carreira
               noutros corpos distintos aos que se opta.


          Valoraranse os servizos prestados como persoal substituto?
               Si. Estes servizos son prestados coa condición xurídica de persoal interino.


          Neste concurso de méritos, baremanse igual todos os servizos prestados no corpo
          ao que se opta?
               Non. Teñen un maior valor os servizos prestados no corpo e na especialidade a que
               se opta, que se valorarán con 0,700 puntos por cada ano de servizos, mentres que
               os servizos prestados no corpo, pero nunha especialidade distinta á que se opta
               valorarán con 0,350 puntos por cada ano de servizos.
               Nos dous casos, sempre que os servizos se prestasen en centros públicos creados e
               sostidos polas administracións educativas.


          Se se opta ao corpo de profesores de ensino secundario, en que apartado se bare-
          marían os servizos prestados como persoal funcionario de carreira do corpo de
          mestres?
               Na epígrafe 1.3 cun valor de 0,125 puntos por ano. Trataríase de experiencia docente
               noutras especialidades doutros corpos diferentes ao que se opta.






                                          77
   74   75   76   77   78   79   80   81   82   83   84