Page 75 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 75
A publicación das convocatorias dos procesos selectivos para a cobertura das prazas
da oferta de emprego de estabilización de emprego temporal deberá producirse?
Con anterioridade ao 31 de decembro de 2022.
A resolución dos procesos selectivos de estabilización de emprego temporal deberán
rematar?
Con anterioridade ao 31 de decembro de 2024.
De conformidade co artigo 2.3 da Lei a taxa de cobertura temporal deberá situarse
por debaixo do:
Oito por cento (8 %) das prazas estruturais.
Cantas prazas de estabilización de emprego temporal se ofertarán para o persoal
docente na Comunidade Autónoma de Galicia?
1.281 das cales:
• 1.156 convocaranse mediante concurso de méritos
• 125 por concurso-oposición
Aos procesos selectivos de estabilización do emprego temporal poderá presentarse
unicamente o persoal interino?
Non. Poderán presentarse todas as persoas que reúnan os requisitos. O artigo 2.4
da Lei 20/2021, do 28 de decembro, establece que se garantirá o principio de libre
concorrencia.
De conformidade co establecido no artigo 2.5 da Lei 20/2021, da resolución dos pro-
cesos selectivos non poderá derivar, en ningún caso,
– incremento de custo,
– incremento de efectivos.
Deberán ofertarse necesariamente neste procesos prazas de natureza estrutural que
se encontren desempeñadas por persoal temporal.
De conformidade co artigo 2.6 da Lei 20/2021, que persoal terá dereito a unha com-
pensación económica?
O persoal funcionario interino ou o persoal laboral temporal que, estando en activo
como tal, vise finalizada a súa relación coa Administración pola non superación do
proceso selectivo de estabilización.
73