Page 82 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 82

No concurso de méritos valoraranse os servizos prestados en centros públicos
          dependentes da Administración educativa que imparte docencia nun nivel ou etapa
          educativa distinto do que imparte o corpo ao que se opta?
               Si, na subepígrafe 1.3.


          No concurso de méritos valorarase a experiencia docente en especialidades de dis-
          tinto nivel ou etapa educativa que o impartido polo corpo ao que se opta en centros
          privados ou centros públicos non dependentes dunha Administración educativa?
               Non.


          A valoración da experiencia docente verase reducida cando os servizos se prestasen
          nunha xornada de traballo inferior á completa?

               Non.


          Valoraranse os servizos prestados como persoal laboral docente de Relixión?
               Si, como servizos prestados noutra especialidade.


          Na subepígrafe 2.2.1 do baremo valorase o estar en posesión do título oficial de
          máster. Cantos másteres se poden puntuar?

               Un.

          Valorase o máster que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación
          secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas?
               Unicamente naqueles corpos e especialidades nas que non é esixible.


          Valorase o título superior das Ensinanzas Artísticas equivalentes a grao?
               Si, sempre que non fose presentado como requisito de ingreso ao corpo.


          Valorase neste concurso de méritos o estar en posesión do Celga 4?

               Non.

          A obtención dunha nova mención correspondente a un mesmo título valorase como
          un novo título de grao?
               Non.


                                          80
   77   78   79   80   81   82   83   84   85   86   87