Page 86 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 86
Se estiven impartindo Relixión en educación secundaria obrigatoria nun centro público
ou privado de ensinanza regrada, debidamente autorizado, durante 12 meses con ante-
rioridade ao 1 de outubro de 2009, podo acreditar a formación pedagóxica e didáctica?
Si, a Comisión Autonómica de Habilitacións de Galicia acordou na sesión do 28 de
xullo de 2016 que as persoas que impartisen Relixión en educación secundaria obri-
gatoria nun centro público ou privado de ensinanza regrada, debidamente autorizado,
durante 12 meses con anterioridade ao 1 de outubro de 2009 acreditarían a formación
pedagóxica e didáctica.
Podo acreditar a formación pedagóxica e didáctica coa impartición na universidade
antes do 1 de outubro de 2009?
Non, soamente se poderá acreditar a formación pedagóxica e didáctica coa imparti-
ción de materias nos niveis e ensinanzas cuxas especialidades docentes se regulan
no Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro.
Son graduado en Ciencias Empresariais e posúo 24 créditos de materias relaciona-
das coas matemáticas. Podo habilitarme nesta materia por titulación e formación de
educación superior adecuada?
Non. Ademais de posuír a formación de educación superior adecuada (24 créditos uni-
versitarios oficiais de materias relacionadas), é imprescindible posuír unha titulación
da rama de coñecemento esixida polo anexo do Real decreto 860/2010, do 2 de xullo.
Neste caso, para a impartición da materia de Matemáticas, o anexo do real decreto
non permite que unha persoa coa titulación de grao da rama de coñecemento de
Ciencias Sociais e Xurídicas imparta a devandita materia, de modo que por titulación,
en ningún caso, poderá obter a habilitación, xa que a normativa esixe que se cumpran
os dous requisitos para obter a habilitación, tanto a titulación de grao dunha rama de
coñecemento concreta como a formación adecuada, así que, se non se posúe algún
destes, como é o caso, non se poderá outorgar a habilitación.
Son graduado en Ciencias Empresarias e superei a primeira proba da fase de oposi-
ción da especialidade de Matemáticas do corpo de profesores de ensino secundario
no último procedemento selectivo convocado pola consellería competente en materia
de educación. Podo habilitarme en Matemáticas?
Si. O artigo 3.1b) do Real decreto 860/2010, do 2 de xullo, establece que a cua-
lificación específica requirida para impartir as materias de educación secundaria
obrigatoria e bacharelato poderá acreditarse mediante a certificación de superar a
proba á que fai referencia o artigo 21.1 do Real decreto 276/2007, do 23 de febre-
iro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas
especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3
de maio, de educación, e regúlase o réxime transitorio de ingreso ao que se refire
a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, da especialidade á que está
asignada a materia correspondente nos anexos III, IV e V do Real decreto 1834/2008,
do 8 de novembro, polo que se definen as condicións de formación para o exercicio
84