Page 91 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 91
INTEGRACIÓN TOTAL OU PARCIAL OU CAMBIO DE ENSINANZAS
DESDE UN CENTRO A OUTRO
No caso de integración total ou parcial ou cambio de ensinanzas dun centro a outro,
o persoal docente con destino definitivo poderá optar entre trasladarse ao centro que
vai o alumnado ou quedar na situación de suprimido?
Non. De existir vacante ou no caso no que esa integración ou cambio orixine vacante
no centro receptor das ensinanzas, quedarán adscritos definitivamente no novo centro.
E se non hai nin se orixina vacante no centro receptor das ensinanzas?
Neste caso o persoal docente con destino definitivo poderá optar por quedar como
persoal suprimido ou con destino definitivo no centro receptor das ensinanzas. Neste
último suposto, este persoal, de ser o caso, será desprazado por falta de horario e
deberá participar obrigatoriamente nos concursos de traslados ata a obtención dun
novo destino definitivo.
O persoal docente que por mor da integración total ou parcial ou cambio de ensi-
nanzas dun centro a outro obteña destino no centro receptor das ensinanzas que
antigüidade terá no novo centro de destino?
Manterá, para todos os efectos, a antigüidade que posuía no centro de orixe.
INTERCAMBIOS PROVISIONAIS DE PRAZAS
DO PERSOAL DOCENTE QUE IMPARTE AS ENSINANZAS REGULADAS
NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, EN CENTROS DEPENDENTES
DA CONSELLERÍA COMPETENTE EN MATERIA DE EDUCACIÓN.
PROCEDEMENTO CÓDIGO ED002A
É obrigatoria a presentación electrónica da solicitude?
Si. O artigo 3 da Orde do 17 de xuño de 2017 dispón que as solicitudes se presentarán
obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do modelo oficial de solicitude
segundo o anexo I que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal/).
89