Page 93 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 93

Pode concederse o intercambio provisional de prazas entre persoas de distinta espe-
          cialidade?
               Non. O artigo 2.1b) da Orde do 17 de xuño de 2017 dispón que será necesario que a
               praza corresponda á mesma especialidade.


          Existen límites temporais para os intercambios provisionais?

               Con carácter xeral resolveranse favorablemente aquelas solicitudes que cumpren
               cos requisitos establecidos e que non excedan de tres anos, e non causen graves
               prexuízos a terceiras persoas interesadas.
               Pola súa vez, as solicitudes de persoas que xa gozaron de tres anos de intercambio
               provisional das prazas de destino e aquelas que impliquen a máis de dúas persoas
               resolveraas a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos, logo do informe
               da comisión de valoración.


          Pódese conceder o intercambio provisional entre persoal funcionario con destino
          definitivo e outro con destino provisional?

               Si, así o establece o artigo 7.1c) da Orde do 17 de xuño de 2017.


          Pódese conceder o intercambio provisional entre unha persoa do corpo de catedrá-
          ticos da escola oficial de idiomas e unha persoa do corpo de profesores de escolas
          oficias de idiomas?
               Si, o artigo 2.3 da Orde do 17 de xuño de 2017 determina que se considera o mesmo
               corpo:
               a)  O corpo de catedráticos/as de ensino secundario e o corpo de profesores/as de
                 ensino secundario.
               b)  O corpo de catedráticos/as de escolas oficiais de idiomas e o corpo de profesores/
                 as de escolas oficiais de idiomas.
               c)  O corpo de catedráticos/as de Artes Plásticas e Deseño e os profesores/as de
                 Artes Plásticas e Deseño.


          Teño concedida unha comisión de servizos por motivos de saúde. Podo solicitar un
          intercambio provisional?
               Non, o artigo 2.2 da Orde do 17 de xuño de 2017 establece que non poderá conce-
               derse un intercambio provisional de postos de traballo ao persoal funcionario docente
               que desempeñe o posto de traballo en réxime de comisión de servizos.








                                          91
   88   89   90   91   92   93   94   95   96   97   98