Page 95 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 95
Este permiso da nai biolóxica por nacemento, amplíase no caso de partos prematuros
e naqueles nos que, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitali-
zado a continuación do parto?
Si. Tantos días como o neonato se encontre hospitalizado, ata un máximo de trece
semanas adicionais.
A nai biolóxica poderá cederlle unha parte deste permiso ao outro proxenitor?
Non.
No caso de falecemento da nai, poderá gozar do permiso da nai biolóxica por nace-
mento o outro proxenitor?
Si. Descontarase, se é o caso, o período de duración do permiso consumido pola nai
falecida.
No suposto de falecemento do fillo ou filla, redúcese a duración deste permiso da nai
biolóxica por nacemento?
Non, agás que unha vez rematadas as seis semanas de descanso obrigatorio, se
solicite a reincorporación ao servizo activo.
Que se requirirá para o gozo deste permiso de forma interrompida?
Ademais de que traballen os dous cónxuxes, un aviso previo de polo menos 15 días e
realizarase por semanas completas.
Deste permiso da nai biolóxica por nacemento pode facerse uso a xornada parcial?
Si. Pode gozarse a tempo completo ou a tempo parcial, en réxime de media ou un
terzo da xornada.
Cando o permiso se goza a tempo parcial, a súa duración ampliarase proporcional-
mente en función da xornada de traballo que se realice.
Gozar deste permiso a tempo parcial pode solicitarse con posterioridade ao inicio deste?
Si. Pode solicitarse tanto ao inicio como nun momento posterior e poderase estender
a todo o período da súa duración ou a unha parte.
Durante o período de gozo da nai biolóxica deste permiso por nacemento poderase
participar en cursos de formación que convoque a Administración?
Si, unha vez finalizado o período de descanso obrigatorio. Artigo 121.7 da Lei 2/2015,
do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
93