Page 99 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 99

Para a determinación dos días de duración dos permisos relacionados no apartado
          anterior, terase en conta o localidade na que estea situado o centro no que se presta
          servizos?
               Non. Terase en conta a localidade de residencia que o funcionario ou funcionaria
               comunicase previamente ao centro educativo ou, no seu defecto, á Administración
               educativa.


          Cal é a duración do permiso para concorrer a exames finais?

               O permiso abranguerá todo o día en que se realicen as probas. Cando a persoa inte-
               resada tivese que desprazarse, o permiso ampliarase, se fose necesario, polo tempo
               mínimo indispensable para as viaxes de ida e volta.



          As persoas que gozasen dun permiso de matrimonio, se contraen un novo matrimo-
          nio, poderán volver gozar deste permiso?
               Si.



          E os conviventes que gocen deste permiso e que con posterioridade contraian matri-
          monio coa mesma persoa terán dereito a volver gozar deste permiso?
               Non.



          Poderemos gozar dun permiso retribuído por accidente ou enfermidades moi graves
          de que familiares?

               – Cónxuxe
               – Parella de feito
               – Familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade



          Existe algunha excepción para que este permiso por accidente ou enfermidade moi
          grave poida ser gozado por un familiar en segundo grao?
               Si, cando non existan superviventes de primeiro grao ou estean incapacitados para
               atender o seu coidado ou se trate de persoas conviventes.


          Se houbese máis dun titular desde dereito polo mesmo feito causante o tempo de
          gozo deste permiso, poderase ratear entre eles?

               Si, respectando, en todo caso, o prazo máximo de trinta días naturais.


                                          97
   94   95   96   97   98   99   100   101   102   103   104