Page 100 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 100

O persoal funcionario docente ten dereito a ausentarse do seu posto de traballo para
          a asistencia a consultas e revisións médicas?
               Si, polo tempo indispensable, e sempre que as revisións médicas deban realizarse
               durante a xornada laboral e estean incluídas na carteira de servizos do sistema sani-
               tario público, incluído o réxime especial de funcionarios públicos.

          O persoal funcionario docente ten dereito a ausentarse do seu posto de traballo por causa
          de enfermidade ou accidente que non dea lugar a unha situación de incapacidade temporal?
               Si. Achegarase a xustificación documental que se relaciona no anexo VI da Orde do
               24 de febreiro de 2016.
               Enténdese, para estes efectos, que non dan lugar á incapacidade temporal as ausen-
               cias do posto de traballo que por enfermidade ou accidente non superan os tres días.

          O persoal funcionario docente ten dereito a un permiso para o acompañamento ás
          revisións ou consultas médicas, aos tratamentos de quimioterapia e radioterapia e
          ás intervencións médicas invasivas?
               Si, enténdese como un deber inescusable de carácter público ou persoal, e para
               acompañar:
               – As fillas e fillos con discapacidade
               – As fillas e fillos menores de idade
               – As persoas maiores ao seu cargo


          E para acompañar as fillas e fillos maiores de idade, ou cónxuxe ou parella de feito?
               Si, se se acredita que necesitan acompañamento.


          O persoal funcionario docente ten dereito a permiso por asuntos particulares sen
          xustificación?

               Si. Ata catro días como máximo por curso académico, atendendo sempre ás necesi-
               dades do servizo, dos cales dous poderán ser en días lectivos.


          Hai un permiso para a asistencia a actividades de formación do profesorado organi-
          zadas polos servizos centrais da consellería?
               Si. A admisión a estas actividades implica o permiso para asistir a elas.


          No suposto de que o persoal funcionario docente colla unha baixa por incapacidade tem-
          poral no mes de agosto, considerarase que estivo de vacacións durante o mes de xullo?
               Si, agás que xustifique que estivo prestando servizos.


                                          98
   95   96   97   98   99   100   101   102   103   104   105