Page 105 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 105

Nas eleccións ao consello escolar, son electores e elixibles os pais de alumnos maio-
          res de idade?
               Si. Os pais representan o sector pais no consello escolar. Polo tanto, non son repre-
               sentantes dos seus fillos.


          Que repercusión ten na composición do consello escolar a variación do número de
          unidades do centro?
               Non ten ningunha repercusión ata que proceda a renovación parcial do consello escolar.


          As persoas membros natos do consello escolar poden ser, á súa vez, persoas mem-
          bros electos?
               Non.


          O profesorado en comisión de servizos en que centro é elector e elixible?
               No centro no que imparten docencia.

          É posible realizar eleccións parciais ao consello escolar?

               Non. As baixas no consello escolar que non poidan proverse cubriranse no momento
               no que proceda a renovación parcial deste.


          Pode rexeitarse a dimisión dunha persoa membro do consello escolar?
               Non. A renuncia deberá formularse de forma expresa. A presidencia do consello escolar
               limitarase a aceptala por escrito e a informar as restantes persoas membros do consello.


          Cando corresponda unha única persoa representante dos pais no consello escolar,
          como será nomeada?
               Por elección, e non por proposta da asociación de nais e pais de alumnos.


          O profesorado representante no consello escolar que sexa nomeado director, xefe de
          estudos ou secretario manterá a representación no consello?
               Non. Non se pode ser membro nato do consello escolar e, á súa vez, membro electo.


          Un profesor ou profesora representante do claustro no consello escolar que resulte
          desprazado/a por falta de horario recuperaría a condición de membro do consello no
          curso académico seguinte se imparte docencia no seu centro de destino definitivo?

               Non. Unha vez perdida a representación, xa non se recupera, con independencia de
               que a vacante se cubrise ou non.


                                          103
   100   101   102   103   104   105   106   107   108   109   110