Page 108 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 108
PERSOAL COIDADOR
O persoal coidador enténdese como un recurso profesional de apoio para atender o
alumnado con necesidades educativas especiais. Que características debe presentar
este alumnado?
Algunha das seguintes:
– Necesidade de ser acompañado en todos ou en parte dos seus desprazamentos.
– Necesidade de asistencia na súa hixiene e aseo.
– Necesidade de asistencia imprescindible na súa alimentación.
– Necesidade de cambios posturais frecuentes ao longo da xornada escolar para os
cales careza da autonomía necesaria.
– Ausencia de hábitos básicos de autonomía e de vida en sociedade.
Cales son as funcións do persoal coidador?
– Atender o alumnado nas entradas e saídas do centro docente; nos hábitos de
hixiene, aseo e alimentación; nos recreos, xogos e tempos de lecer; nos cambios
de actividade e nas demais necesidades análogas, potenciando nel a súa autono-
mía e inclusión. Esas atencións tamén se estenden ás noites no caso de alumnado
internado en centros de educación especial.
– Realizar os cambios e o control postural que ese alumnado necesite.
– Facilitar os traslados polos espazos do centro.
– Contribuír ao seu coidado durante todo o período lectivo, mesmo dentro da aula
cando resulte necesario.
– Colaborar na atención dese alumnado durante o tempo de recreo, xogo e/ou lecer.
– De ser o caso, atender o alumnado durante o servizo de comedor, así como no
tempo inmediatamente anterior e posterior a ese servizo.
– Nos casos excepcionais en que sexa necesario, acompañar na ruta escolar o alum-
nado que requira da presenza do persoal auxiliar coidador.
– Colaborar nas actividades complementarias en que participe a alumna ou alumno.
– Participar, logo da debida convocatoria, nas reunións en que se aborden temas rela-
cionados co alumnado que atende, colaborando nas liñas de coordinación estableci-
das polos equipos docentes que correspondan e polo departamento de orientación.
– Calquera outra de análogo contido ou que teña relación coas funcións anteriores.
Cal é a ratio máxima de persoal auxiliar coidador e alumnado con necesidades edu-
cativas especiais?
A ratio non excederá de 1/6, tendo en conta as necesidades de atención do alumnado.
106