Page 103 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 103

exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo
                 entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
               d)  Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse elec-
                 tronicamente coa Administración.
               e)  O persoal empregado das administracións públicas para os trámites e actuacións
                 que realicen con elas por razón da súa condición de persoal empregado público, na
                 forma en que se determine regulamentariamente por cada Administración.


          Sería legal gravar as reunións oficiais do claustro e do consello para redactar as actas?
               Poderán gravarse as sesións que realice o órgano colexiado. O ficheiro resultante da
               gravación, xunto coa certificación expedida pola persoa que exerza a secretaría da
               autenticidade e integridade deste e cantos documentos en soporte electrónico se
               utilicen como documentos da sesión, poderán acompañar a acta das sesións, sen
               necesidade de facer constar nela os puntos principais das deliberacións.


          Con que antelación hai que realizar as convocatorias do consello escolar e do claustro
          de profesorado?
               Nas reunións ordinarias, cunha antelación mínima dunha semana.
               Se os asuntos que se van tratar así o aconsellan, poderán realizarse convocatorias
               extraordinarias cunha antelación mínima de corenta e oito horas, e sen suxeición a
               prazo previo nos casos de urxencia.


          O profesorado substituto forma parte do claustro do profesorado?

               Si. O claustro estará integrado pola totalidade dos profesores e profesoras que pres-
               ten servizos no centro


          O profesorado en incapacidade temporal ou licenza por enfermidade pode asistir ás
          reunións do claustro do profesorado?
               Nalgúns casos. Entre outras normas, o artigo 23 do Decreto 189/2010, do 11 de novem-
               bro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas,
               establece que “non poderá asistir ás devanditas reunións o profesorado en situación
               de incapacidade temporal, agás naqueles casos específicos en que así o determine a
               consellería competente en materia de educación, entre os cales se incluirá a elección
               de horario, cargos directivos, membros do consello escolar e análogos”.


          É obrigatoria a asistencia ás reunións do claustro de profesores e do consello escolar?
               Si. A asistencia do profesorado ás sesións dos órganos colexiados de goberno que
               corresponda é obrigatoria, polo que as ausencias terán o carácter de horas lectivas
               para os efectos de faltas de asistencia e permisos.


                                          101
   98   99   100   101   102   103   104   105   106   107   108