Page 106 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 106
O alumnado de educación primaria pode ser elixido membro do consello escolar?
Non. O alumnado poderá ser elixido membro do consello escolar a partir do primeiro
curso da educación secundaria obrigatoria.
PERDA DA CONDICIÓN DE PERSOAL FUNCIONARIO
Cales son as causas de perda da condición de persoal funcionario?
a) A renuncia á condición de persoal funcionario
b) A perda da nacionalidade
c) A xubilación total
d) A sanción disciplinaria firme de separación do servizo
e) A pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para cargo
público que seca firme
f) O falecemento
A renuncia expresa é unha das causas da perda da condición de persoal funcionario.
Inhabilita para novo ingreso?
A renuncia non inhabilita para un novo ingreso, de modo que poderemos volver a
opositar ao mesmo corpo e especialidade á que renunciamos.
Ten algún sentido presentar unha renuncia á condición de persoal funcionario?
Unicamente cando non reunamos o requisito para solicitar unha excedencia volunta-
ria por interese particular.
Neste caso si, posto que, se temos outra dedicación profesional que non é compati-
ble co exercicio da docencia e non damos clase, podería considerarse abandono do
servizo.
O abandono do servizo é unha falta moi grave que pode ser sancionada coa separa-
ción do servizo. Esta sanción implica a imposibilidade para o acceso á función pública
cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do que a persoa
foi separada.
A perda da nacionalidade española implica a perda da condición de persoal funcionario?
Só se non se obtén outra nacionalidade que permita o acceso ao emprego público
en España.
104