Page 109 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 109

PROFESORADO DE RELIXIÓN




          De conformidade coa disposición adicional terceira da Lei orgánica 2/2006, do 3 de
          maio, de educación, o contrato de traballo do profesorado de Relixión poderá ser?

               A tempo completo ou a tempo parcial. A disposición adicional terceira establece que
               “en todo caso, a proposta para a docencia corresponderalles ás entidades relixio-
               sas e renovarase automaticamente cada ano. A determinación do contrato, a tempo
               completo ou a tempo parcial segundo o que requiran as necesidades dos centros,
               corresponderalles ás Administracións educativas competentes. A remoción, se é o
               caso, axustarase a dereito”.


          De acordo coa publicación das relacións de postos de traballo do profesorado de Reli-
          xión, o contrato do profesorado de relixión é?

               A tempo completo.


          De conformidade co artigo 4 do Real decreto 696/2007, do 1 de xuño, por canto tempo
          será a contratación do profesorado de Relixión?
               Por tempo indefinido, agás nos casos de substitución do titular da relación laboral que
               se realizará de conformidade co artigo 15.1 do Estatuto dos traballadores.


          De acordo co artigo 7 do Real decreto 696/2007, do 1 de xuño, cales son as causas
          de extinción do contrato do profesorado de Relixión?
               Cando a Administración competente adopte unha resolución en tal sentido, logo da
               incoación dun expediente disciplinario.
               a)  Por revogación axustada a dereito da acreditación ou da idoneidade para impartir
                 clases de Relixión por parte da confesión relixiosa que a outorgou.
               b)  Polas demais causas de extinción previstas no Estatuto dos traballadores.
               c)  No caso de traballadores estranxeiros, pola extinción ou a non renovación da autori-
                 zación de residencia ou de residencia e traballo, como consecuencia da concorren-
                 cia dalgún dos supostos para a devandita extinción ou o incumprimento dalgún dos
                 requisitos para a renovación establecidos na normativa de estranxeiría e inmigración.


          A renovación automática da proposta da autoridade eclesiástica ten que formalizarse
          por escrito?
               Non. O artigo 2.1 da Orde do 17 de xullo de 2007 establece que “a proposta para a
               docencia que lle corresponde ás entidades relixiosas considerarase renovada auto-
               maticamente, sen necesidade de que se teña que formalizar por escrito”.


                                          107
   104   105   106   107   108   109   110   111   112   113   114