Page 114 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 114
O profesorado dos colexios rurais agrupados que se desprace a facer gardas a
algunha unidade distinta da de adscrición terá dereito a percibir as axudas de custo?
Si.
Quen realizará o pagamento destes desprazamentos?
O centro educativo, con cargo aos custos de funcionamento.
Que sucede cando se transforma unha praza ordinaria en itinerante?
A transformación dunha praza ordinaria en praza itinerante ou o incremento nun cin-
cuenta por cento ou máis da itinerancia dará dereito ao persoal titular desta a pasar á
situación de suprimido ou suprimida ou a permanecer con destino definitivo na praza.
PRÓRROGA NO SERVIZO ACTIVO
Unha vez que facemos 70 anos, podemos solicitar a prórroga ata rematar o curso
académico?
Si. Resulta de aplicación o artigo 68.5 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego
público de Galicia.
A solicitude de prórroga no servizo activo cando debe solicitarse?
Cunha antelación mínima de tres meses e máxima de catro meses á data na que se
cumpra a idade de xubilación forzosa.
Por que prazo se concederá a prolongación na permanencia no servicio activo?
A prolongación no servizo activo concederase, se é o caso, por períodos dun ano, reno-
vables anualmente por solicitude da persoa interesada cun prazo de antelación mínimo
de tres meses e máximo de catro meses á data de remate da prolongación concedida.
Temos que pasar unha revisión médica para que se nos conceda unha prórroga na
situación de servizo activo?
Non.
112