Page 117 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 117

RECURSO DE REPOSICIÓN.  ARTIGO 122 E 123



          Carácter
               Potestativo.


          Contra que actos?

               Actos administrativos que lle poñan fin á vía administrativa.

          Ante quen se interpón?

               O mesmo órgano que ditou o acto.


          Prazo para interpoñelo?
               Un mes se o acto fose expreso.
               Se o acto non fose expreso poderase interpoñer un recurso de reposición en calquera
               momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa espe-
               cífica, se produzan os efectos do silencio administrativo.


          Prazo que ten a Administración para resolver
               Un (1) mes.


          Recursos contra a resolución do recurso de reposición
               Recurso contencioso administrativo que só se poderá interpoñer unha vez que se
               resolva o recurso ou transcorrido o prazo de resolución (1 mes) sen que a Adminis-
               tración ditase resolución expresa.

          Prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo

               Dous meses, se hai resolución expresa.
               Se a Administración non resolve e o silencio é desestimatorio, o Pleno do Tribunal
               Constitucional, na Sentenza do 10 de abril de 2014, estableceu que neste caso non hai
               prazo para interpoñer o recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa. Polo
               tanto, mentres a Administración non resolva, poderase presentar o recurso conten-
               cioso administrativo en calquera momento sen suxeición a prazo.





                                          115
   112   113   114   115   116   117   118   119   120   121   122