Page 119 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 119

Posúo a titulación de grao en Educación Primaria pola Universidade de Vigo e obtiven
          posteriormente a mención de Educación Especial na mesma universidade. Como podo
          acreditalo?
               Deberá acreditalo co título de grao onde conste a mención obtida. Tamén se poderá
               acreditar coa certificación supletoria provisional do título.


          Quero obter o recoñecemento da especialidade de Lingua Estranxeira. Que documen-
          tación debo achegar?

               No suposto de ter a especialidade ou mención no seu título, pero non consta a lingua
               cursada neste deberá achegar a certificación académica da universidade para verifi-
               car a lingua estranxeira cursada na súa titulación.



          Teño o máster en Psicopedagoxía. Podo obter o recoñecemento da especialidade de
          Pedagoxía Terapéutica?
               Non, o anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, establece unicamente
               a licenciatura en Psicopedagoxía.



          Teño o título de grao en Educación Infantil coa mención de Lingua Estranxeira: Inglés.
          Podo obter o recoñecemento de Lingua Estranxeira: Inglés?
               Non, o anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, establece unicamente
               que poderán obter este recoñecemento as persoas que posúan a titulación de grao
               en Educación Primaria.


          Pode unha persoa coa titulación de grao en Educación infantil con algunha mención
          obter o recoñecemento por titulación dalgunha especialidade de primaria?

               Non, o anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, establece unicamente
               que poderán obter o recoñecemento das especialidades de primaria por titulación as
               persoas que posúan a titulación de grao en Educación Primaria.


          Preciso obter algún recoñecemento para impartir en bilingüismo?
               Non, soamente deberá posuír algunha das titulacións ou ensinanzas que se relacio-
               nan segundo o idioma na Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde
               do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de
               competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas,
               materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes
               desta consellería.




                                          117
   114   115   116   117   118   119   120   121   122   123   124