Page 118 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 118

RECOÑECEMENTO DE ESPECIALIDADES DO PERSOAL
           FUNCIONARIO DE CARREIRA DO CORPO DE MESTRES.
           PROCEDEMENTO CÓDIGO ED020A



          Son persoal funcionario en prácticas. Podo solicitar o recoñecemento de especialidades?

                 Non, soamente pode solicitar o recoñecemento o persoal funcionario de carreira.


          Que é preciso para o recoñecemento?
               Posuír algunha das titulacións ou requisitos que figuran no anexo do Real decreto
               1594/2011, do 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades docentes do
               corpo de mestres que desempeñen as súas funcións nas etapas de educación infantil e
               de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.


          É obrigatorio presentar a solicitude electronicamente?
               Si, o artigo 3 da Orde do 23 de xuño de 2020 establece que se presentarán obrigatoria-
               mente por medios electrónicos mediante o procedemento normalizado código ED020A.

          Teño que presentar algunha documentación?

               Non se xa consta no seu expediente persoal a titulación ou os requisitos esixidos. En
               caso contrario, deberá achegar a documentación necesaria para o recoñecemento.


          Cal é o prazo de presentación de solicitudes?
               Durante os meses de xuño e setembro.


          Teño que solicitar o recoñecemento da especialidade de Primaria?
               Non, a especialidade de Educación Primaria seralle recoñecida de oficio pola Adminis-
               tración educativa ao persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que posúa
               algunha das titulacións que para esta especialidade se determinan no anexo do Real
               decreto 1594/2011, do 4 de novembro.


          Posúo a titulación de grao en Educación Primaria pola Universidade de Vigo e obtiven
          a mención de Educación Especial nunha universidade distinta. Como podo acreditalo?

               Neste caso será preciso que se acredite coa titulación de grao e a certificación aca-
               démica da universidade na que obtivo a mención onde conste a superación desta.



                                          116
   113   114   115   116   117   118   119   120   121   122   123