Page 115 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 115

Pódennos desestimar a nosa solicitude de permanencia na situación de servizo activo
          polo feito de estar en licenza por enfermidade ou incapacidade temporal?
               Si.


          O persoal funcionario interino pode solicitar unha prolongación da permanencia na
          situación de servizo activo?
               Si. Aplícase a Directiva europea 1999/1970.


          O persoal funcionario que estea en situación de servizos especiais pode solicitar a
          prórroga no servizo activo?
               Si, e continuará na situación de servizos especiais, pero a concesión da prórroga permi-
               tiralle reingresar no servizo activo se cesa a causa da concesión dos servizos especiais.






           RECURSO DE ALZADA
           LEI 39/2015, DO 1 DE OUTUBRO, DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO
           COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS (BOE NÚM. 236, DO 2 DE
           OUTUBRO). ARTIGO 121 E 122



          Contra que actos?

               • Resolucións que non esgotan a vía administrativa
               • Actos de trámite "cualificados":
                 a) Os que deciden directa ou indirectamente o fondo do asunto.
                 b) Os que determinan a imposibilidade de continuar o procedemento.
                 c) Os que producen indefensión.
                 d) Os que producen un prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos.

          Ante quen?
               O mesmo órgano que ditou o acto ou o órgano competente para resolvelo.


          Prazo para interpoñelo?
               O prazo para a interposición do recurso de alzada será dun mes, se o acto fose expreso.
               Se o acto non fose expreso, poderase interpoñer un recurso de alzada en calquera
               momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa espe-
               cífica, se produzan os efectos do silencio administrativo.


                                          113
   110   111   112   113   114   115   116   117   118   119   120