Page 111 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 111
De conformidade co artigo 6 da Orde do 17 de xullo de 2007, que se valorará, como
mínimo, no concurso de traslados?
a) A experiencia docente como profesor de Relixión, de maneira preferente nos cen-
tros públicos e no mesmo nivel educativo da praza á que opta.
b) As titulacións académicas, de modo preferente as máis afíns polo seu contido, á
ensinanza da relixión.
c) Os cursos de formación e perfeccionamento que estean relacionados coa didác-
tica, a organización escolar ou análogos, de modo preferente os máis afíns polo
seu contido a ensinanza da relixión.
Cales son requisitos esixibles para as novas contratacións de profesorado de Relixión?
• Titulación esixible, ou equivalente, no respectivo nivel educativo.
• Ser proposto pola autoridade da confesión relixiosa para impartir a devandita ensi-
nanza.
• Obter a declaración de idoneidade ou certificación equivalente da confesión
relixiosa obxecto da materia educativa.
• Acreditar o coñecemento da lingua galega.
Que retribucións percibirá o profesorado de Relixión?
As que correspondan no respectivo nivel educativo ao profesorado interino.
O profesorado de Relixión ten dereito a percibir o complemento específico por fun-
ción titorial e outras funcións docentes?
Si. Este complemento regúlase na Orde do 17 de xullo de 2007, que no artigo 2 esta-
blece que resultará de aplicación ao profesorado de Relixión.
O profesorado de Relixión con contrato laboral indefinido ten dereito a que se lle
conceda unha excedencia por interese particular?
Si. Esta excedencia implica a perda da praza.
O profesorado de Relixión poderá realizar intercambios provisionais das súas prazas?
Si. A Orde do 17 de xullo de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de
prazas de persoas docente que imparte as ensinanzas reguladas na LOE é de aplica-
ción ao profesorado de Relixión.
109