Page 113 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 113

O profesorado itinerante que faga desprazamentos dun centro a outro no horario
          lectivo do alumnado...
               Computará este desprazamento como horario lectivo ata o máximo que establece o
               apartado segundo do acordo, sen que poida efectuarse unha dobre compensación
               horaria lectiva semanal, é dicir, non poderá, ademais, engadir a compensación horaria
               establecida no acordo.


          De conformidade co Acordo de itinerancias do 18 de febreiro de 2008, os postos de
          traballo itinerantes serán de aceptación obrigatoria?

               Non. Serán de aceptación voluntaria.

          Que distancia non se poderá superar entre o centro de destino e os centros aos que
          o profesorado se ten que desprazar?
               Con carácter xeral, os 35 km. En casos excepcionais poderán superarse co acordo da
               correspondente xunta de persoal.


          Cantos son os quilómetros máximos que realizará o profesorado itinerante?

               250 km semanais con carácter xeral. En casos excepcionais, poderán superarse co
               acordo da correspondente xunta de persoal.


          O profesorado itinerante terá dereito a compensación económica polos despraza-
          mentos?

               Si, cando se desprace desde o centro base a outro centro educativo ou desde un
               centro educativo a outro.


          O profesorado itinerante terá dereito a percibir os custos de locomoción só cando
          preste servizos en dous ou máis centros no mesmo día?

               Non. Terá dereito tanto que o faga no mesmo día como en día diferente.


          Cales son os dereitos cando preste servizos en dous centros en días diferentes?
               De conformidade co punto primeiro da Circular número 10/2008, “o profesorado
               itinerante que presta servizos en dous ou máis centros educativos, tanto que o faga
               no mesmo día como en día diferente, e con independencia da súa localidade de resi-
               dencia, terá dereito a percibir os custos de locomoción previstos no apartado sexto
               do acordo, polos días que traballe no centro ou centros distintos do centro base, polos
               quilómetros existentes desde o centro base ao centro no que se prestan servizos,
               computados en viaxe de ida e volta".


                                          111
   108   109   110   111   112   113   114   115   116   117   118