Page 121 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 121

REHABILITACIÓN DA CONDICIÓN DE PERSOAL FUNCIONARIO



          En que supostos é posible a rehabilitación da condición de persoal funcionario?
               •  Concesión preceptiva sempre que se acredite a desaparición da causa que motivou
                 a perda da condición de persoal funcionario:
                 a)  Cando se recupere unha nacionalidade que permita o acceso ao corpo ao que
                   se pertenceu.
                 b)  Cando desapareza a incapacidade que motivou a perda, no caso de xubilación
                   por incapacidade permanente para o servizo. Neste caso reservarase o posto
                   de traballo que ocupase con carácter definitivo se se presenta a solicitude de
                   rehabilitación antes de dous (2) anos desde que se extinguiu a relación de ser-
                   vizo como consecuencia da xubilación por incapacidade permanente.
               •  Concesión potestativa (carácter excepcional e por solicitude da persoa interesada):
                 No suposto de condena á pena principal ou accesoria de inhabilitación, atendendo
                ás circunstancias e entidade do delito cometido.
                 Esixe un informe favorable previo do órgano ao que lle correspondan as funcións
                de asesoría xurídica, oído o órgano de representación do persoal funcionario, e
                motivación da rehabilitación.
                 Transcorrido o prazo de tres meses, a solicitude de rehabilitación poderá enten-
                derse desestimada.





           RESPONSABILIDADE CIVIL



          Segundo o artigo 36 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, ante quen se esixe a responsa-
          bilidade patrimonial da Administración pública?
               Este artigo determina que, para facer efectiva a responsabilidade, se lle esixirá direc-
               tamente á Administración pública correspondente as indemnizacións polos danos e
               prexuízos causados polas autoridades e persoal ao seu servizo.


          No caso de acudir aos tribunais de xustiza, ante que xurisdicción se demanda a res-
          ponsabilidade patrimonial?
               O artigo 2e) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-ad-
               ministrativa, establece que a orde xurisdicional contencioso-administrativa coñecerá
               das cuestións que se susciten en relación coa responsabilidade patrimonial das admi-
               nistracións públicas calquera que sexa a natureza da actividade ou o tipo de relación
               de que derive, non podendo ser demandadas aquelas por este motivo ante as ordes
               xurisdicionais civil ou social, aínda cando na produción do dano concorran con parti-
               culares ou conten cun seguro de responsabilidade.


                                          119
   116   117   118   119   120   121   122   123   124   125   126