Page 126 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 126

No suposto de resultar sancionado coa separación do servizo, poderiamos volver
          opositar para ingresar novamente no corpo?
               En caso de separación do servizo, non poderemos acceder ao corpo do cal fomos
               separados, pero poderiamos acceder a outro corpo.
               Ademais, a anotación da sanción de separación do servizo non será obxecto de can-
               celación.


          Está establecida como falta a obtención das probas nun proceso selectivo? Cal é a
          sanción prevista?

               Si. O artigo 185.1 p) da Lei 2/2015, do 29 de abril, establece que é unha falta moi
               grave cometer fraude nun proceso selectivo a través de calquera comportamento
               tendente a obter anticipadamente as probas, obter mediante dispositivos electróni-
               cos ou utilizando outro tipo de mecanismos os seus resultados no momento da súa
               realización, ou alterar os resultados das probas unha vez realizadas.
               A sanción prevista para esta falta é a imposibilidade de participar en procesos selec-
               tivos por un período de 5 anos.

          E se a persoa aspirante copia a outra persoa aspirante durante a realización das
          probas do proceso selectivo?

               Neste caso a lei prevé esta conduta como unha falta grave tipificada no artigo 186.1
               y). A sanción pola comisión desta falta é a imposibilidade de participar en procesos
               selectivos por un período de 2 anos.

          En que prazo prescriben as faltas e as sancións?

               • Faltas:     Moi graves → 3 anos
                             Graves → 2 anos
                             Leves → 6 meses
               • Sancións:   Moi graves → 3 anos
                             Graves → 2 anos
                             Leves → 1 ano

          O réxime disciplinario regulado no título IX da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego
          público de Galicia é de aplicación ao profesorado de Relixión?
               Si. O artigo 183.4 da lei establece que “o réxime disciplinario do persoal laboral se
               rexe, no non previsto neste título, pola lexislación laboral”.


          O incumprimento das normas sobre incompatibilidades cando iso dea lugar a unha
          situación de incompatibilidade é unha falta?
               Si, moi grave.


                                          124
   121   122   123   124   125   126   127   128   129   130   131