Page 131 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 131
inicio do prazo da excedencia (o do nacemento do fillo ou filla) e tamén de finalización
da excedencia (cando o noso fillo ou filla cumpra os tres anos), é dicir, aínda que non
solicitásemos a excedencia, o cómputo para o seu gozo xa comezou no día do seu
nacemento.
No primeiro caso, o lexislador establece un dereito de excedencia para o empregado
público en razón da idade do fillo ou filla. Entende o lexislador que se debe protexer a
necesidade de coidado dos fillos e fillas ata que fagan a idade de tres anos.
Polo tanto, o fundamento da concesión da excedencia e a especial necesidade de
coidado que debe recibir dos seus pais ou nais un neno ou nena ata que ten tres anos
de idade e non que os pais e nais teñan dereito a gozar dun período de excedencia de
tres anos con independencia da idade do seu fillo ou filla.
O gozo interrompido da excedencia permite que os pais e nais poidan incorporarse ao
traballo nos períodos que lles resulten máis ventaxosos para conciliar o coidado dos
seus fillos e fillas coa vida laboral, pero non permite alongar o gozo desta excedencia
despois de que o noso fillo ou filla faga os tres anos.
Non ocorre o mesmo no caso da excedencia por coidado dun familiar de primeiro ou
segundo grao, posto que a lei nesta situación o que protexe é a especial necesidade
de coidado cando por razón de accidente, enfermidade ou idade da persoa non se
pode valer por si mesma e non desempeña actividade retribuída, posto que se esta-
blece como dies ad quem (finalización da excedencia) un período de tres anos desde
o día en que se inicia o seu gozo.
Non obstante, nada impide que, logo de finalizar a excedencia por coidado dun fillo
ou filla por facer os tres anos de idade, se poida solicitar a excedencia por coidado
de familiares ao abeiro do artigo 176.1.b) da Lei 2/2015, do 29 de abril, se se precisa
para o seu coidado por razón dun accidente ou de enfermidade deste fillo ou filla, pero
nunca por razón de idade (situación xa protexida no período ata os tres anos de idade
polo artigo 176.1a) da Lei 2/2015, do 29 de abril).
Así se pronuncian a Sentenza de 18 de xuño de 2018 da Sección Sexta do Sala do
Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo (STS 2327/2018) para o caso de
xuíces e maxistrados e a Sentenza de 5 de febreiro de 2021 da Sala do Social do
Tribunal Supremo en recurso para a unificación da doutrina (STS 456/2021).
A excedencia por coidado de fillo ou filla pode ser solicitada por dúas persoas?
Si. A excedencia é un dereito individual do persoal funcionario.
Non obstante, poderase limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas
relacionadas co funcionamento do servizo.
O persoal funcionario interino ten dereito á excedencia por coidado de familiares?
Si, o persoal funcionario interino ten dereito á excedencia por coidado de familiares.
129