Page 135 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 135
Outra persoa funcionaria do corpo de mestres, B, leva 3 anos con destino definitivo no
centro. Ao ter que quedar unha delas suprimida, a persoa A di que ten quedar suprimida
a persoa B por ter menos anos de destino definitivo no centro. É isto correcto?
Non. De acordo cos criterios establecidos no artigo 3 do Decreto 140/2006, do 31
de agosto, o criterio é de menor antigüidade ininterrompida. Polo tanto, aínda que a
persoa A ten unha antigüidade no centro de 8 anos e a persoa B de 3, a persoa B ten
máis anos de antigüidade ininterrompida no centro que A. Non existindo voluntarie-
dade, a persoa suprimida sería A.
Nun departamento en extinción de tecnoloxía está adscrita unha persoa funcionaria de
carreira do corpo a extinguir de profesores técnicos de formación profesional, con 30
anos de antigüidade no corpo. No mesmo departamento, unha persoa funcionaria de
carreira do corpo de profesores de ensino secundario, da especialidade de Tecnoloxía
ten 28 anos de servizos no corpo. Os dous obtiveron a praza definitiva con anteriori-
dade ao 1 de setembro de 2006. Cal debe ser a persoa desprazada por falta de horario?
A persoa funcionaria de carreira do corpo de profesores de ensino secundario. A
disposición transitoria do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, establece como
primeiro criterio para o desprazamento, para os suposto de acceso a praza con
anterioridade á entrada en vigor do decreto, “menor tempo de servizos efectivos
como funcionaria ou funcionario de carreira do corpo ao que pertenza cada fun-
cionaria ou funcionario”.
XORNADA DE TRABALLO DO PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL
DOCENTE
A regulación da xornada de traballo do persoal funcionario docente é de aplicación
ao profesorado de Relixión?
Si. A Orde do 23 de xuño de 2011, modificada pola Orde do 4 de xuño de 2012, regula a
xornada de traballo do persoal funcionario e do persoal laboral docente que imparten
as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Cal é a xornada semanal do persoal funcionario docente e laboral que imparte as
ensinanzas de educación infantil, educación primaria e educación especial?
Trinta e sete horas e media das cales se dedicarán trinta (30) horas ás actividades do
centro con presenza neste. Das devanditas horas, 25 terán carácter lectivo, a razón
de 5 horas diarias, de luns a venres.
133