Page 133 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 133

Unha persoa que cese na situación de servizos especiais ten que realizar unha solici-
          tude de reingreso ao servizo activo?
               Si, no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao do cesamento na situa-
               ción de servizos especiais.


          En que situación administrativa quedará unha persoa que cesa na situación de servi-
          zos especiais e non solicita o reingreso no servizo activo no prazo dun mes?
               Na situación de excedencia por interese particular.


          O persoal funcionario de carreira docente que cesa na situación de servizos especiais
          e solicita o reingreso ao servizo activo ao mes da data do cesamento ten dereito a
          que se lle aboe ese mes?

               Non. Xera o dereito retributivo desde a data na que solicita o reingreso e toma posesión.

          O persoal funcionario dos corpos docentes que sexa nomeado para desempeñar un
          posto en áreas funcionais da alta inspección de educación en que situación adminis-
          trativa estará?
               Na situación de servizos especiais. Artigo 167.m) da Lei 2/2015, do 29 de abril.


          Cando se accede á condición de deputado do Parlamento de Galicia, pásase obriga-
          toriamente á situación de servizos especiais?
               Non sempre. Cando non se perciban retribucións periódicas, poderá optarse entre
               permanecer na situación de servizo activo ou pasar á de servizos especiais, sen
               prexuízo da normativa sobre incompatibilidades aplicable aos deputados.

          As persoas que perdan a condición de parlamentarios por disolución da Cámara ou
          finalización do seu mandato, poden permanecer na situación de servizos especiais?
               Si, ata a nova constitución da Cámara.


          O persoal funcionario de corpos docentes que resulte electo nunha entidade local e non
          teña dedicación exclusiva quedará na situación administrativa de servizos especiais?
               Non. Quedará na situación administrativa de servizo activo. Para quedar en situación
               de servizos especiais deberá ter dedicación exclusiva.


          O persoal funcionario docente en situación de servizos especiais ten dereito a optar
          pola retribución do posto que desempeña ou a retribución como docente?

               Non. Percibirá as retribucións do posto ou cargo que desempeña, sen prexuízo do
               dereito a percibir os trienios que se teñan recoñecidos en cada momento.


                                          131
   128   129   130   131   132   133   134   135   136   137   138