Page 137 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 137
En todos os centros, a que se destinará o horario de dedicación directa ao centro que
non corresponda a tarefas lectivas?
Entre outras, a actividades relacionadas coas titorías e orientación do alumnado,
titorías de pais e nais, gardas cando non teñan o carácter de lectivas, reunións de
equipos de ciclo, departamento, sesións de avaliación, dinamizacións, participación
en reunións de órganos colexiados e reunións para a elaboración ou modificación de
documentos de planificación e para a súa avaliación.
A que se dedicará o horario semanal de non obrigada permanencia no centro?
As sete horas e media de non obrigada permanencia no centro destinarase ao per-
feccionamento e á formación, á preparación de actividades docentes e á atención
doutras actividades inherentes á función docente.
Se no centro non existise horario lectivo completo da especialidade docente, como
se complementa o horario?
Pódese optar por completar a súa xornada lectiva noutro centro da localidade, de
acordo coa súa especialidade ou competencia docente, ou no propio centro, impar-
tindo materias afíns.
135