Page 132 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 132
Cales son os requisitos para a concesión da excedencia por razón de violencia de
xénero?
As funcionarias vítimas de violencia de xénero teñen dereito a solicitar a situación de
excedencia sen que sexa esixible o requisito de prestar un tempo mínimo de servizos
previos nin un prazo de permanencia nesta situación.
Durante os seis primeiros meses de permanencia nesta situación tense dereito á
reserva do posto de traballo que se desempeñase e a que o tempo sexa computable
para os efectos de antigüidade, carreira e dereitos no réxime da Seguridade Social
que resulte de aplicación.
Cando as actuacións xudiciais así o esixan, este período prorrogarase por prazos de
tres meses, ata un máximo total de dezaoito, con idénticos efectos aos sinalados
anteriormente, co fin de garantir a efectividade do dereito de protección da vítima.
Durante os tres primeiros meses desta excedencia, a funcionaria ten dereito a percibir
as súas retribucións íntegras e, de ser o caso, as prestacións familiares por fillo a cargo.
A partir do 7 de outubro de 2022 pódese conceder tamén a excedencia por razón de
violencia sexual de conformidade coa modificación do EBEP realizada pola disposición
final 15.3 da Lei orgánica 10/2022, do 6 de setembro.
Cales son os requisitos para a concesión da excedencia por razón de violencia terro-
rista?
O persoal funcionario que sufrise danos físicos ou psíquicos como consecuencia da
actividade terrorista terá dereito a gozar dun período de excedencia nas mesmas
condicións que as vítimas de violencia de xénero.
Será preciso contar co previo recoñecemento do Ministerio do Interior ou cunha
sentenza xudicial firme.
Esta excedencia manterase durante o período temporal que resulte necesario para
a protección e asistencia social integral da persoa á que se lle concede, xa sexa por
razón das secuelas provocadas pola acción terrorista ou pola ameaza á que se atopa
sometida, nos termos previstos regulamentariamente.
O persoal funcionario de carreira ao que se lle incoase un expediente disciplinario ten
dereito a que se lle conceda unha excedencia por interese particular?
Non. O artigo 172.3 da Lei 2/2015, do 29 de abril, establece que non pode declararse
a excedencia por interese particular cando ao persoal funcionario se lle instrúa un
expediente disciplinario.
En que situación administrativa será declarada unha persoa funcionaria de carreira
que non tome posesión do destino adxudicado mediante concurso?
En excedencia voluntaria por interese particular.
130