Page 127 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 127
A sanción de separación do servizo do persoal interino comporta a revogación do
nomeamento e, ademais…
A exclusión definitiva da totalidade das listas de espera ou bolsas de emprego.
A sanción de suspensión de funcións do persoal funcionario interino por falta moi
grave supón…
A exclusión da totalidade das listas de espera ou bolsas de emprego que se encontren
vixentes no momento de impoñerse a sanción polo mesmo período de duración desta.
A sanción de suspensión de funcións do persoal funcionario interino por falta grave
supon…
A exclusión da totalidade das listas de espera ou bolsas de emprego que se encontren
vixentes no momento de impoñerse a sanción por un período dun ano e un día, ou
polo tempo da suspensión se este é maior.
A suspensión de funcións do persoal funcionario interino por un período inferior a 15
días pola comisión dunha falta leve implica a revogación do nomeamento de persoal
interino?
Non.
Esta suspensión de funcións ao persoal funcionario interino por comisión dunha falta
leve implica tamén a exclusión da totalidade das listas de espera que se encontren
vixentes no momento de impoñerse a sanción por un período máximo dun ano. En
que momento se executaría esta exclusión?
No momento do cesamento como persoal funcionario interino.
125