Page 123 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 123

E coa percepción da consolidación do complemento específico correspondente ao
          exercicio da dirección?
               Si.


          O persoal docente, se cumpre un trienio prestando servizos a tempo parcial, cando
          pase a xornada completa, percibe a contía do trienio completa ou parcial?

               Completa.


          O profesorado que imparte ensinanzas de adultos en centros ordinarios terá dereito
          a percibir unha compoñente do complemento específico?
               Non. Na orde pola que se ditan instrucións para a confección de nóminas establécese
               un complemento para o profesorado que imparte docencia en centros específicos de
               ensinanzas de adultos.


          É compatible a percepción da compoñente do complemento específico polo desem-
          peño da xefatura de departamento e por impartir docencia en centros específicos de
          ensinanzas de adultos?

               Non. É incompatible percibir máis dunha compoñente singular do complemento espe-
               cífico polo desempeño de órganos unipersoais de goberno e polo desempeño de
               postos de traballo docentes singulares. Neste caso, os dous son postos de traballo
               docentes singulares.

          É compatible a percepción da consolidación parcial do complemento específico das
          direccións dos centros escolares públicos e do complemento específico correspon-
          dente á xefatura de departamento?

               Si. O proxecto de decreto polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento
               das direccións establece que “o complemento específico correspondente á consoli-
               dación parcial deste complemento polo exercicio da dirección será incompatible coa
               percepción da compoñente singular do complemento específico pola titularidade de
               órganos unipersoais de goberno e co desempeño de postos de traballo docentes
               singulares que teñan asignada unha contía superior á establecida para as xefaturas
               de departamento”.


          O persoal funcionario docente que estea prestando servizos nun centro educativo ou
          na inspección educativa, e teña consolidado o nivel 30 ten dereito a percibir como
          compoñente xeral do complemento específico o establecido para o nivel 30?
               Non. Ten consolidado o nivel de complemento de destino, pero non se consolida o
               específico. Percibirá como compoñente xeral do complemento específico o corres-
               pondente ao seu corpo.


                                          121
   118   119   120   121   122   123   124   125   126   127   128