Page 125 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 125

RÉXIME DISCIPLINARIO




          En que caso se pode sancionar como falta grave o incumprimento inxustificado da
          xornada de traballo?

               Cando supoña un incumprimento que, acumulado, sexa dun mínimo de dez (10) horas
               ao mes ou dunha porcentaxe equivalente no caso de que o seu cómputo se faga por
               períodos superiores ao mes.
               Entenderase por incumprimento total da xornada de traballo diaria a ausencia inxus-
               tificada do posto de traballo durante a duración íntegra desta.

          Que acontece se durante un procedemento disciplinario se perde a condición de
          empregado público?
               Con carácter xeral declararase de oficio a finalización do procedemento e ordenarase
               o arquivamento das actuacións.
               Non obstante para o caso do persoal funcionario interino poderá continuarse a trami-
               tación do procedemento, caso no que poderían darse as seguintes situacións cando
               se dite a resolución impoñendo sanción:
               a)  O persoal interino ten de novo a condición de empregado público: aplicarase a
                 sanción disciplinaria que corresponda.
               b)  O persoal interino non ten a condición de empregado público: a sanción quedará
                 en suspenso ata que o persoal interino teña de novo a condición de empregado
                 público, momento en que se procederá a aplicar a correspondente sanción sempre
                 que esta non prescribise.


          Cal é a sanción prevista para o persoal funcionario que intervén nun procedemento
          administrativo cando concorre unha causa de abstención?
               A lei tipifica como falta grave esta conduta pola que se podería impoñer calquera das
               seguintes sancións:
               •  Suspensión firme de funcións por un período de entre quince días e tres anos.
               •  Traslado forzoso con cambio de localidade por un período dun ano, que impedirá
                 obter destino, por ningún procedemento, na localidade desde a cal se produciu o
                 traslado.
               •  Traslado forzoso sen cambio de localidade por un período dun ano.
               •  Demérito.









                                          123
   120   121   122   123   124   125   126   127   128   129   130