Page 101 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 101

Cando o persoal funcionario docente estea ou inicie o permiso por nacemento da
          nai biolóxica, do outro proxenitor distinto da nai biolóxica, por adopción, garda con
          fins de adopción ou acollemento ou por lactación no transcurso do mes de agosto,
          considerarase que gozaron das vacacións durante o mes de xullo?

               Non, polo que terán dereito aos días de vacacións que correspondan, segundo a data
               de inicio ou de finalización do permiso.


          As dirección dos centros están obrigadas a aceptar as xustificacións non documen-
          tais no caso de ausencias imprevistas?
               Non. Poden aceptar as xustificacións non documentais ata un máximo de vinte e catro
               períodos lectivos durante o curso académico, pero non están obrigadas.





           MOBILIDADE NOS PROPIOS CENTROS DO PERSOAL DOCENTE
           FUNCIONARIO DE CARREIRA DO CORPO DE MESTRES




          Cando se produce unha vacante por xubilación, poderemos aplicar a Orde do 30 de
          marzo de 1992 pola que se regula a mobilidade do persoal funcionario pertencente
          ao corpo do mestres nos propios centros por incremento de postos de traballo no
          centro en calquera área ou especialidade?
               Non. Para aplicar o proceso de mobilidade no propio centro, é preciso que se produza
               un incremento de postos, é dicir, un incremento do catálogo, sexa por modificación
               dos catálogos con carácter xeral ou por incremento do número de unidades no centro.

          Existe algún suposto no que poidan participar neste procedemento o persoal funcio-
          nario do corpo de mestres que accedese ao centro por concurso do curso académico
          1990/91 ou posteriores?
               Si, poderá solicitar este profesorado cando posúa a correspondente habilitación,
               estea adscrito a postos de traballo que se vexan afectados por diminución, nun
               número máximo igual á redución de postos.

          E o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que accedeu ao centro por
          concurso convocado con anterioridade ao convocado no curso 1990/91 poden parti-
          cipar sempre neste proceso de mobilidade?
               Non sempre. Para que poida participar, é preciso que non obtivesen un novo posto de
               traballo no centro como consecuencia doutros procesos de adscrición ou de mobili-
               dade no propio centro.
               Para estes efectos non se terá en conta a adscrición do ano 1996.


                                          99
   96   97   98   99   100   101   102   103   104   105   106