Page 96 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 96
Cal é a duración do permiso por adopción, garda con fins de adopción ou acollemento,
na Comunidade Autónoma de Galicia?
Vinte e dúas semanas. Artigo 122.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público
de Galicia.
É obrigatorio gozar a tempo completo algún período deste permiso de adopción, garda
con fins de adopción ou acollemento?
Si. Seis semanas deberán gozarse a xornada completa de forma obrigatoria e ininte-
rrompida inmediatamente despois da resolución xudicial pola que se constitúe a adop-
ción ou ben da decisión administrativa de garda con fins de adopción ou acollemento.
Teñen dereito os dous proxenitores a este permiso de adopción?
Si.
Se non traballan os dous proxenitores, como debe gozarse este permiso?
De forma ininterrompida.
Se fose necesario o desprazamento previo dos proxenitores ao país de orixe do adop-
tado, a que se terá dereito?
A un permiso de ata tres meses de duración, fraccionables por elección da persoa
titular do dereito, percibindo durante ese período exclusivamente as retribucións
básicas. Artigo 123.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Nos casos de adopción ou acollemento internacional, pode adiantarse o goce do permiso?
Si. Pode iniciarse ata catro semanas antes da resolución xudicial pola que se constitúa
a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial de acollemento.
En que supostos o persoal empregado público que estea gozando do permiso da nai
biolóxica por nacemento ou por adopción, ou por garda con fins de adopción, ou aco-
llemento, tanto temporal como permanente, pode facer uso do permiso do proxenitor
diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento
ou adopción dun fillo ou filla?
• Cando a persoa titular do dereito falecese con anterioridade a utilización íntegra
do permiso.
• Se a filiación do outro proxenitor non estivese determinada.
• Cando na resolución xudicial ditada en proceso de nulidade, separación ou divor-
cio, iniciado con anterioridade á utilización do permiso, se lle recoñecese á persoa
que estea gozando del a garda do fillo ou filla.
94