Page 94 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 94
LICENZAS E PERMISOS
ORDE DO 29 DE XANEIRO DE 2016 POLA QUE SE REGULA O RÉXIME DE
PERMISOS, LICENZAS E VACACIÓNS DO PERSOAL DOCENTE QUE IMPARTE
AS ENSINANZAS REGULADAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE
EDUCACIÓN
A orde do 29 de xaneiro de 2016, que regula o réxime de permisos, licenzas e vaca-
cións do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na LOE, é de aplicación
ao profesorado de Relixión?
Si.
Hai un permiso retribuído para o persoal funcionario e docente e laboral en estado
de xestación?
Si, a partir do día primeiro da semana 37 de embarazo e ata a data do parto.
No suposto de xestación múltiple, este permiso poderase iniciar o primeiro día da
semana 35 de embarazo e ata a data do parto.
No caso do permiso da nai biolóxica por nacemento, para que a nai poida gozar do
permiso de xeito interrompido, é necesario que traballen os dous cónxuxes?
Si. Artigo 121.3 da Lei 1/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Cal é a duración do permiso da nai biolóxica por nacemento na Comunidade Autónoma
de Galicia?
Vinte e dúas semanas.
En canto se ampliará este permiso de vinte e dúas semanas no caso de discapacidade
do fillo ou filla?
Unha semana. Tamén se ampliará nunha semana o permiso do outro proxenitor dife-
rente da nai biolóxica.
En canto se ampliará este permiso de vinte e dúas semanas por partos múltiples?
Unha semana máis por cada fillo/a a partir do segundo. Tamén se ampliará unha
semana máis por cada fillo/a o permiso do outro proxenitor diferente da nai bio-
lóxica.
92