Page 83 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 83
Para que se valore un título de técnico superior de formación profesional ou de Artes
Plásticas e Deseño ou de Técnico Deportivo Superior é necesario acreditar que non
foron utilizados para a obtención do título alegado para ingreso no corpo?
Si. Mediante a presentación do título de bacharelato ou outros títulos.
Se posúo un certificado de nivel avanzado C1 e outro de nivel avanzado C2 dun mesmo
idioma, valoraránseme dous certificados?
Si, agás no caso da lingua galega en que se valorará só o nivel C2, xa que o nivel C1
é o nivel esixido para o ingreso no corpo.
Na subepígrafe 3.2 do baremo, de formación permanente, valóranse os cursos infe-
riores a 20 horas?
Non.
Os cursos inferiores a 3 créditos e non inferiores a 2 créditos poderán valorarse no
concurso de méritos?
Si, a subepígrafe 2.5 do anexo IV do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro,
establece que “para os efectos desta subepígrafe se poderán acumular os cursos
non inferiores a 2 créditos que cumpran os requisitos que se especifican nesta
subepígrafe”.
Valoraranse os cursos organizados polos conservatorios de música?
Si, pero exclusivamente para a especialidade de Música do corpo de profesores de
ensino secundario e en todas as especialidades dos corpos de catedráticos e profe-
sores de Música e Artes Escénicas.
A formación permanente, para ser valorada, ten que estar relacionada coa especia-
lidade á que se opta?
Si. Na subepígrafe 2.5 do anexo IV do Real decreto 276/2007 establécese que
serán valorados os cursos de formación permanente e perfeccionamento supe-
rados, relacionados coa especialidade á que se opta ou coa organización esco-
lar, as novas tecnoloxías aplicadas á educación, a didáctica, a psicopedagoxía ou
a socioloxía da educación, convocados por administracións públicas con plenas
competencias educativas, ou por universidades, ou actividades incluídas no plan
de formación permanente organizados por entidades colaboradoras coas admi-
nistracións educativas, ou actividades recoñecidas pola Administración educativa
correspondente.
81