Page 84 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 84
A fase de oposición do concurso-oposición de estabilización de emprego temporal
de cantas probas constará?
Unha única proba estruturada en dúas partes.
No concurso-oposición de estabilización de emprego temporal, a fase de oposición
terá carácter eliminatorio?
Si. A disposición transitoria cuarta do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro,
engadida polo Real decreto 270/2022, establece que “a nota final e global da proba
se expresará en números de cero a dez, sendo necesario obter, polo menos, cinco
puntos para poder acceder á fase de concurso”.
E son eliminatorias cada unha das partes da proba?
Non. A mesma disposición transitoria cuarta establece que “a fase de oposición cons-
tará dunha única proba estruturada en dúas partes, que non terán carácter eliminatorio”.
No concurso-oposición de estabilización de emprego temporal, haberá que presentar
e defender unha programación didáctica?
Non.
En que consistirá a parte A da proba?
No desenvolvemento por escrito dun tema elixido pola persoa aspirante, de entre un
número de temas, extraído polo tribunal ao chou.
En que consistirá a parte B da proba?
Na preparación, presentación e exposición, e defensa dunha unidade didáctica. Nal-
gunhas especialidades constará tamén dun exercicio de carácter práctico.
En que especialidades haberá un exercicio de carácter práctico?
Poderase incorporar un exercicio práctico naquelas especialidades que inclúan con-
tidos de carácter aplicado, habilidades instrumentais ou técnicas.
Nas especialidades de formación profesional deberá realizarse un exercicio de carác-
ter práctico.
82