Page 64 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 64

DEREITOS DA PERSOA INTERESADA NO PROCEDEMENTO
           ADMINISTRATIVO
           LEI 39/2015, DO 1 DE OUTUBRO, DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO
           COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS (BOE NÚM. 236, DO 2 DE
           OUTUBRO). ARTIGO 53
               a)  A coñecer, en calquera momento, o estado da tramitación dos procedementos
                 nos que teñan a condición de interesadas; o sentido do silencio administrativo que
                 corresponda, no caso de que a Administración non dite nin notifique resolución
                 expresa en prazo; o órgano competente para a súa instrución, de ser o caso, e reso-
                 lución; e os actos de trámite ditados. Así mesmo, tamén terán dereito a acceder e
                 a obter copia dos documentos contidos nos citados procedementos.
                   Quen se relacione coas administracións públicas a través de medios electrónicos
                 terá dereito a consultar a información á que se refire o parágrafo anterior no punto
                 de acceso xeral electrónico da Administración, que funcionará como un portal de
                 acceso. Entenderase cumprida a obrigación da Administración de facilitar copias
                 dos documentos contidos nos procedementos mediante a posta ao dispor destas
                 no punto de acceso xeral electrónico da Administración competente ou nas sedes
                 electrónicas que correspondan.
               b)  A identificar as autoridades e ao persoal ao servizo das administracións públicas
                 baixo cuxa responsabilidade se tramiten os procedementos.
               c)  A non presentar documentos orixinais salvo que, de maneira excepcional, a nor-
                 mativa reguladora aplicable estableza o contrario. No caso de que, excepcional-
                 mente, deban presentar un documento orixinal, terán dereito a obter unha copia
                 autenticada deste.
               d)  A non presentar datos e documentos non esixidos polas normas aplicables ao
                 procedemento de que se trate que xa se atopen en poder das administracións
                 públicas ou que fosen elaborados por estas.
               e)  A formular alegacións, utilizar os medios de defensa admitidos polo ordenamento
                 xurídico e a achegar documentos en calquera fase do procedemento anterior ao
                 trámite de audiencia, que deberán ser tidos en conta polo órgano competente ao
                 redactar a proposta de resolución.
               f)  A obter información e orientación sobre os requisitos xurídicos ou técnicos que
                 as disposicións vixentes impoñan aos proxectos, actuacións ou solicitudes que se
                 propoñan realizar.
               g)  A actuar asistidos por un asesor ou asesora cando o consideren conveniente en
                 defensa dos seus intereses.
               h)  A cumprir as obrigacións de pagamento a través dos medios electrónicos previstos
                 no artigo 98.2.
               i)   Calquera outro que lles recoñezan a Constitución e as leis.
               Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e
               bo goberno.
               Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.


                                          62
   59   60   61   62   63   64   65   66   67   68   69