Page 61 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 61
CRITERIOS DE PERDA DO DESTINO DEFINITIVO
En que norma se establecen os criterios de perda do destino definitivo?
Nos artigos 3 e 4 e na disposición transitoria do Decreto 140/2006, do 31 de agosto.
Aplícase a mesma norma para a perda provisional e a definitiva do destino que se
viña desempeñando?
Si.
Cal é o primeiro criterio que se aplica para determinar entre o persoal docente que ocupa
praza na mesma especialidade quen é o afectado por unha circunstancia que implica a
perda provisional ou definitiva do destino definitivo que se viña desempeñando?
A voluntariedade.
Se ningunha persoa optase voluntariamente polo cesamento no corpo de mestres,
que criterios se aplicarían sucesivamente?
• Menor antigüidade ininterrompida, como definitivo, no centro.
• Menor tempo de servizos efectivos como persoal funcionario de carreira do corpo
de mestres.
• Ano máis recente de ingreso no corpo.
• A menor existencia de cargas familiares, nomeadamente, menores de 6 anos e
persoas con discapacidades severas.
• Menor puntuación obtida no procedemento selectivo de seu ingreso no corpo.
Unha persoa tivo destino definitivo no centro A durante 4 anos. Suprimida en A, obtivo
destino definitivo en B, no que leva 5 anos definitiva. Para os efectos da perda de
destino definitivo en B, cantos anos de antigüidade se lle computarían en B?
9 anos.
No corpo de mestres, se o número de solicitudes de cesamento nunha especialidade
fose maior que o de mestres que deban cesar, cales serían os criterios para optar?
• Maior antigüidade ininterrompida con destino definitivo no centro.
• Maior número de anos de servizos efectivos como persoal funcionario de carreira
do corpo de mestres.
• Promoción de ingreso máis antiga.
• A maior existencia de cargas familiares, nomeadamente, menores de 6 anos e
persoas con discapacidades severas.
• Maior puntuación obtida no procedemento selectivo de ingreso ao corpo.
59