Page 57 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 57

sente disposición, posúa a titulación de grao universitario, licenciado ou licenciada,
               enxeñeiro ou enxeñeira e arquitecto ou arquitecta, ou equivalente para os efectos de
               acceso á función pública docente, ou outra equivalente para efectos de docencia das
               especialidades do corpo de profesores de ensino secundario”.


          A integración no corpo de profesores de ensino secundario do persoal funcionario de
          carreira que posúa os requisitos é automática, de oficio?
               Non. As persoas terán que facer unha solicitude nun procedemento convocado polas
               administracións educativas.
               O punto 2 da disposición adicional décimo primeira da Lei orgánica 3/2020, do 29 de
               decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
               (redacción modificada pola Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo) establece:
               “2. O Goberno, tras a consulta ás administracións educativas, establecerá o proce-
               demento e as condicións desta integración que producirá efectos os que reúnan os
               requisitos e o soliciten dentro do prazo inicial que se estableza, desde a entrada en
               vigor desta lei. Para os que o soliciten con posterioridade a ese prazo inicial, os efec-
               tos serán a partir da data da súa solicitude, sempre que se encontren en condicións
               de ser integrados nesa data. Ese dereito só poderá ser exercido ata o quinto ano
               posterior á vixencia desa lei”.


          Poderase integrar no corpo de profesores de ensino secundario o persoal funcionario
          de carreira do corpo en extinción de profesores técnicos de formación profesional,
          das especialidades que se crean no novo corpo de profesores especialistas de secto-
          res singulares da formación profesional? Por exemplo, o profesorado da especialidade
          de Cociña e Pastelaría?
               Si, se reúnen os requisitos de titulación que se establezan e solicitan no procede-
               mento que se convoque.


          Para aquelas persoas que reúnan o requisito de titulación no momento da entrada
          en vigor da LOMLOE e soliciten no prazo inicial que se estableza, que data de efectos
          terá a integración no corpo de profesores de ensino secundario?

               O 19 de xaneiro de 2021, data na que entrou en vigor a LOMLOE.


          O profesorado do corpo en extinción de profesores técnicos de formación profesional,
          das especialidades que se integran no corpo de profesores de ensino secundario, que
          non se integre no corpo de profesores de ensino secundario quedará en extinción no
          corpo de profesores de ensino secundario?
               Non. Quedará no corpo en extinción de profesores técnicos de formación profesional.
               O apartado 4 da disposición adicional décimo primeira da Lei orgánica 3/2020, do 29
               de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
               (redacción modificada pola Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo) establece:

                                          55
   52   53   54   55   56   57   58   59   60   61   62