Page 53 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 53
CONSOLIDACIÓN PARCIAL DO COMPLEMENTO ESPECÍFICO POLO
EXERCICIO DA DIRECCIÓN DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS
En que norma de rango legal se regula a consolidación parcial do complemento espe-
cífico polo exercicio da dirección dos centros docentes públicos?
No artigo 139.4 da LOE que establece que “os directores dos centros públicos que
exercen o seu cargo con valoración positiva durante o período de tempo que cada
Administración educativa determine manterán, mentres permanezan en situación
de activo, a percepción dunha parte do complemento retributivo correspondente na
proporción, condicións e requisitos que determinen as administracións educativas”.
A consolidación precisa unha previa avaliación previa positiva do exercicio da direc-
ción. Cando se considera de forma automática que existe unha avaliación positiva?
Cando se superen os catro anos de mandato.
Para os efectos da consolidación do complemento retributivo correspondente á direc-
ción, computarase como un ano o desempeño da dirección por un período de:
Polo menos, nove meses durante un mesmo curso académico.
O complemento específico correspondente á consolidación parcial polo exercicio da
dirección será incompatible:
De acordo coa disposición adicional novena do proxecto de decreto polo que se regula
a selección, nomeamento e cesamento das direccións dos centros docentes públicos
que imparten as ensinanzas reguladas na LOE, “coa percepción da compoñente singu-
lar do complemento específico pola titularidade de órganos unipersoais de goberno
e co desempeño de posto de traballo docentes singulares que teñan asignada unha
contía superior á establecida para as xefaturas de departamento”.
Esta consolidación ten repercusión para a xubilación?
Non.
Cales son actualmente as porcentaxes de consolidación?
– Primeiros 4 anos: 25 %
– Segundos 4 anos: 15 %
– Terceiros 4 anos: 20 %
– O total acumulado non poderá exceder do 60 %
51