Page 49 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 49
O acceso do persoal docente do subgrupo A2 ao subgrupo A1 está limitado ao persoal
dependente da Administración educativa convocante?
Non. Unha persoa dependente dunha comunidade autónoma poderá presentarse para
acceder ao subgrupo A1 nunha convocatoria realizada por outra comunidade autó-
noma sempre que reúna os requisitos establecidos nesta. Estará obrigada a obter o
primeiro destino definitivo na comunidade autónoma pola que accede.
No acceso do persoal docente do subgrupo A2 ao subgrupo A1, está previsto unha
reserva das prazas que se convoquen?
A disposición adicional duodécima da LOE prevé a reserva dunha porcentaxe, sen
especificar cal, nas convocatorias de ingreso nos corpos de profesores de ensino
secundario e de profesores de Artes Plásticas e Deseño.
O artigo 80.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece
unha porcentaxe mínima do 25 por 100.
Que antigüidade se require para participar nun procedemento selectivo de mobili-
dade horizontal?
Ningunha. A disposición adicional duodécima.5 da LOE establece que o persoal fun-
cionario docente poderá acceder a un corpo do mesmo grupo e nivel de complemento
de destino, sen limitación de antigüidade, sempre que posúan a titulación requirida e
superen o correspondente proceso selectivo.
O persoal funcionario de carreira docente pode presentarse ao concurso-oposición
para ingresar no mesmo corpo noutra comunidade autónoma?
Non. O artigo 12.1.e) do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, establece como un
dos requisitos: “non ser persoal funcionario de carreira, en prácticas ou estar pendente
do correspondente nomeamento como persoal funcionario de carreira do mesmo corpo
ao que se refira a convocatoria, agás que se concorra aos procedementos para a adqui-
sición de novas especialidades a que se refire o título V deste regulamento”.
A experiencia docente na educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación
profesional é equivalente á formación pedagóxica e didáctica para ingresar no corpo
de profesores de ensino secundario?
Si, sempre que se acrediten polo menos 12 meses de servizo con anterioridade ao 1
de outubro de 2009.
A disposición transitoria cuarta do Real decreto 1834/2008 establece esta equiva-
lencia para as persoas que acrediten que antes do remate do curso 2008/09 impar-
tiron docencia durante dous cursos académicos completos ou, no seu defecto, 12
meses en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de
ensinanza regrada debidamente autorizados, nos niveis e ensinanzas cuxas especia-
lidades docentes se regulan no propio real decreto.
47