Page 45 - ANPE adscrición e xornada díptico
P. 45
Se participo no concurso xeral de traslados e no de orientación e quero alegar novos
méritos, teño que presentar dúas veces a solicitude de actualización e/ou modifica-
ción do expediente persoal ED011A?
Non. É suficiente con que se formule unha única solicitude de actualización e/ou
modificación do expediente persoal no procedemento normalizado ED011A.
Lembre que, como se especifica na pregunta anterior, se se presentan varias solicitu-
des do mesmo procedemento, só se terá en conta a última presentada.
Que persoal docente pode participar neste concurso?
– O persoal funcionario de carreira e o persoal funcionario de prácticas do corpo de
mestres que se atope nalgunha das situacións que se establecen na convocatoria.
– O persoal funcionario en prácticas do corpo de mestres participa con 0 puntos.
Podo participar no concurso e obter adxudicación se non posúo a titulación de Peda-
goxía, Psicoloxía ou Psicopedagoxía?
Si, posuír estas titulacións supón un criterio preferente de adxudicación para o persoal
participante, pero non impide a obtención de praza se existen vacantes suficientes.
É o Master en Psicopedagoxía unha titulación que outorga preferencia?
Non, xa que non é ningunha das titulacións que se establecen no Decreto 120/1998,
do 23 de abril (Diario Oficial de Galicia do 27 de abril) nin na convocatoria.
Se participo no concurso de orientación e no xeral de traslados, podo obter destino
nos dous?
Non. A adxudicación definitiva dunha praza de orientación implica a exclusión de
oficio da participacion no concurso xeral de traslados.
A resulta que, de ser o caso, deixa a persoa participante no concurso de orientación
incluirase para a adxudicación definitiva do concurso xeral de traslados.
Se quero obter destino no concurso de traslados e non no de orientación, como debo
proceder?
Neste caso deberá renunciar ao concurso no prazo de reclamacións e renuncias
establecido na convocatoria despois da publicación da resolución de adxudicación
provisional deste concurso específico.
Esta renuncia debe formularse aínda no caso de que non se obteña destino na adxu-
dicación provisional, posto que, se obtén destino da resolución definitiva, xa non
podería renunciar á praza adxudicada.
43